Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Axenda e servizos municipais

Monitor

CURSOS / Concellería de Mocidade 

Monitor-a de Tempo Libre oficial (250 h)

Inicio da actividade: 16-03-2024

Fin da actividade: 26-05-2024

Dias da actividade: Do 16 de marzo ao 26 de maio 2024

Horarios: Según descrición (https://qrcd.org/4bWc)

Destinatarios/as: 18 - e máis anos

Público dirixido: Público Xeral

Prazas: Min. 15 prazas - Máx. 20 prazas

Acceso: De pago

Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións

Lugar da actividade: Antiga escola de Moreira

Inscricións:  ata Permanente ata completar grupo 

DESCRICIÓN

Titulación mínima requerida da ESO ou equivalente.

Contidos: os contidos básicos recollidos no Decreto 50/2000 do curso oficial de monitores/as de tempo libre de Xunta. Inclúe saídas medio ambientais, formación en escalada, en paddle surf, en kaiak, actividades prácticas durante a formación, formación en igualdade, formación en necesidades especiais alimentarias, etc. O curso consta de 200 h teórico - prácticas e 150 h prácticas nunha entidade que realice actividades educativas no ámbito do lecer e tempo libre ou en campamentos. 

Modalidade: mixta 150 h presenciais e 50 h en liña correspondentes coa parte teórico práctica.

Datas e horarios da formación impartida presencialmente (150 h): pendentes de fixar á espera de conseguir grupo.

Os horarios serían os sábados de mañá de 09:00 a 14:00 h e de tarde de 16:00 a 21:00 h e os Domingos só de mañá de 9:00 a 14:00 h.

•?  ?IMPORTANTE: cando se consiga grupo poríamonos en contacto con cada persoa para comunicarlle datas e inicio do curso , indicando como proceder para facer o pago de matrícula. 

Datas e horarios da formación impartida en liña (50 h). Domingos de tarde en liña  non presenciais (horarios estipulados de 16:00 -  21:00 h pero serán orientativos porque non é preciso estar conectado/a no horario da formación en liña establecido para cada clase, dando a facilidade ao alumnado de realizar as tarefas correspondentes durante os 5 días posteriores á clase en cuestión. Toda a documentación coa que se traballará en cada clase estará subida á plataforma. Cada clase ten un código de acceso, e este é facilitado ao alumnado o día previo ao inicio da clase, sendo posible acceder os días posteriores. Cada clase en liña ten unha duración de 5 horas e a avaliación do alumnado na mesma realízase mediante: 1. Entrega dunha actividade 2. Realización dun test de avaliación de 10 preguntas sobre a materia impartida. 3. Participación na dinámica grupal proposta.

As restantes 150 h prácticas realizaranse cando se remate a parte téorico-práctica nunha entidade de tempo libre. Haberá dous anos para facelas.

•?  ?NON FAGA O PAGO, ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA., * Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.

* NON FAGA O PAGO, ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA., * Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.

Custe empadroados/as: 130€  (Custe total: 130€) Custe NON empadroados/as: 212€  (Custe total: 212€) Cotas: Modo de pago: Pago único Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago, Fotocopia de DNI (Pai/nai/titor) Forma de entrega: omix@soutomaior.com ou Whatsapp: 638 822 868

Inscrición en LIÑA

Accesos : 523

Psicomotricidade e recursos pedagóxicos para atender á diversidade

Do: 25-05-2024 ó: 22-06-2024

De pago | Inscricións ata Luns 20 Maio 2024

Formación das agrupacións veciñais en prevención e defensa contra incendios forestais

Do: 12-04-2024 ó: 04-05-2024

De balde | Inscricións ata Permanente ata completar grupo

Do: 16-03-2024 ó: 26-05-2024

De pago | Inscricións ata Permanente ata completar grupo

Escola Municipal de Teatro para persoas adultas

Do: 04-10-2023 ó: 25-05-2024

De pago | Inscricións ata CUBRIR PRAZAS

Obradoiro de teatro en francés para persoas adultas

Do: 02-10-2023 ó: 27-05-2024

De balde | Inscricións ata CUBRIR PRAZAS

Do: 03-09-2023 ó: 28-05-2024

Do: 06-10-2023 ó: 28-06-2024

Club de Lectura en castelán e galego para persoas adultas

Do: 05-10-2023 ó: 30-05-2024

Club de lectura en francés para persoas adultas

Escola Municipal de Debuxo e Pintura 2023-2024

Do: 03-10-2023

Do: 01-11-2022 ó: 31-12-2024

De balde | Inscricións ata Inscricións de forma continuada

Do: 01-01-2024

| Inscricións ata 31 decembro 2024

NOCTÁMBULAS: Caixa de Suxestións de actividades (participantes 12-30 anos)

Do: 14-10-2022

De balde | Inscricións ata 31 decembro 2023

Do: 13-10-2022

De balde | Inscricións ata 31 de decembro 2024

← Inicio